O Campus de Ferrol acolle un ciclo de conferencias sobre a Automática e a IA

O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, o  luns 14 de outubro, ás 11:30 horas, a primeira das conferencias do Ciclo “Auto-Sinerx-IA. A Automática e a Intelixencia Artificial como Ferramentas para os Desafíos da Industria e da Sociedade”.

O ciclo o organiza un grupo de profesores do Departamento de Enxeñaría Industrial vinculados á Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) grazas á convocatoria de axudas para a organización de xornadas divulgativas e ciclos de conferencias da Vicerreitoría de Divulgación, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña (UDC).

A catedrática da Área de Enxeñaría de Sistemas e Automática da Universidad Complutense de Madrid (UCM), Matilde Santos Peñas, impartirá a primeira conferencia do ciclo titulada “Como lle pode axudar a automática intelixente á sociedade?”.

O xoves 24 de outubro terá lugar o segundo relatorio da man catedrática de Enxeñaría de Sistemas e Automática da Universidad Carlos III de Madrid (UC3M), Concepción Alicia Monje Micharet, quen afondará nas oportunidades e nos retos da chamada robótica branda.

A catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña (UDC), Amparo Alonso Betanzos, falará, o luns 28 de outubro, sobre os mitos, as realidades e os desafíos éticos da Intelixencia Artificial.

Por último, o catedrático de Informática e Automática da Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED), Sebastián Dormido Bencomo, pronunciará a conferencia “Realimentación: entre o natural e o artificial”.

O Ciclo “Auto-Sinerx-IA. A Automática e a Intelixencia Artificial como Ferramentas para os Desafíos da Industria e da Sociedade” está dirixido ao alumnado do grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática e do máster en Informática Industrial e Robótica, ambas as dúas, titulacións da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF).

Con todo, a actividade está aberta a toda a comunidade universitaria e ao público xeral interesado. Máis información enviando un correo electrónico a esteban.jove@udc.es.

Inscrición

https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=PuqhzrJgdU-mwqYCLo-WG0MOd8hTjH1NobIq1a4gi-5URUIxUU1DU0JOWVhYRUlBTjFLUDZIVUdDNS4u&origin=QRCode

 

Lea también

Ferrol promociona su oferta turística en la Semana Verde de Galicia, en Silleda

El Concello de Ferrol participa un año más en la Abanca Semana Verde de Galicia, …