Éxito de “A provincia que sabe” na I xornada da Feria de los Pueblos de Granada

A campaña turística e gastronómica “A provincia que sabe” triunfa na primeira xornada da Feira de los Pueblos, en Granada. Un evento que se celebra do 4 ao 6 de outubro e que pon o foco no turismo sostible, respectuoso coa contorna e coas comunidades locais e habitantes.

Fuente Diputación de A Coruña

O stand da Deputación estivo repleto de público, que asistiu as diferentes actividades. As degustacións de Cafés Aruba (A Coruña); Chichalovers (Santiago); vermú Lodeiros (Santiago); empanadas Ternura (A Coruña) e Bonilla a la vista (A Coruña) contaron cun gran amplo número de asistentes, que saboreron os seus produtos locais, para moitos descoñecidos.

Do mesmo xeito que os showcookings de André Arzúa, cociñeiro do restaurante compostelán Espazo Abella, que preparou pratos a base da materia prima máis característica da provincia como ceviche de rodaballo; crocante de queixo curado da DOP Arzúa-Ulloa con mousse de anchoa; ceviche de linguado; tartar de tomates con caviar cítrico e pesto de queixo curado da DOP; pastel de rodaballo ou allo porro confeitado con crema de queixo curado da DOP Arzúa-Ulloa. Receitas que conquistaron os padais do público granadino.

Fuente Diputación de A Coruña
Fuente Diputación de A Coruña

“Unha vez máis, queremos poñer en valor a nosa gastronomía da man de produtores e chefs locais que tratan a materia prima co máximo respecto para que, neste caso, o público granadino – na gran maioría profesional – coñeza os nosos saberes e sabores” apuntou o vicepresidente e deputado de turismo, Xosé Regueira.

“Unha estratexia que defendemos dende a área de turismo para promover un turismo sostible, que valora a calidade e a autenticidade, pero que tamén provoca no territorio un impacto positivo dende o punto de vista medioambiental e socioeconómico”. “Por iso”, engadiu Regueira, “participamos en feiras como esta que se centra nun turismo respectuoso, e tamén en outras máis focalizadas en gastronomía como elemento clave para potenciar este tipo de turismo”.

Fuente Diputación de A Coruña
Fuente Diputación de A Coruña

Lea también

La Policía Nacional interviene en 23 centros educativos gallegos, entre ellos en Ferrol, ácido pícrico, una sustancia potencialmente peligrosa

La Policía Nacional ha detectado e intervenido para su destrucción recipientes que contenían ácido pícrico …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *