A Confraría de Pescadores de Ferrol organiza a Xornada de Exaltación da Albacora

A xornada se desenvolverá en horario de tarde, entre as 18.00 e as 21.00 horas.

A Confraría de Pescadores de Ferrol, en colaboración co Grupo de Acción Local Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Norte, organiza este venres 4 de outubro na Sala Curuxeiras (Porto de Ferrol) unha Xornada de Exaltación da Albacora, un peixe que se captura nas augas da ría ferrolá.

A xornada se desenvolverá en horario de tarde, entre as 18.00 e as 21.00 horas, seguindo este programa:

-De 18.00 a 19.30 horas degustación de receitas elaboradas con Albacora da Ría de Ferrol. A entrada é libre ata completar o aforo, de 200 personas. Os asistentes poderán disfrutar de 5 elaboracións diferentes:

*Salpicón de albacora.
*Tartar de albacora e mango.
*Marmitako de albacora.
*Raxo de albacora encebollada.
*Tataki de albacora e mirín.

-De 19:30 a 21:00 horas haberá un showcooking adicado á Albacora da Ría de Ferrol, a cargo do chef Yayo Daporta (Grupo Nove), quen elaborará varias receitas tomando como materia prima este produto. O reconocido cociñeiro conta con unha Estrela Michelín e dous Soles Repsol no restaurante que leva o seu nome, en Cambados.

Durante toda a xornada, poderán contemplarse tamén os cadros da pintora ferrolá Sol Lamas González, especialista en paisaxes marinos e natureza.

Lea también

Asime valora el buen momento del naval, con margen «para seguir creciendo», pero advierte de la escasez de personal

El III Congreso Internacional Maritime Trends Summit reunirá en Vigo a 200 expertos del sector. …