Axenda en Narón do 4 ao 6 de outubro

Venres 4 de outubro de 2024

Actividade: Teatro contemporáneo: Noso Hora: 20.30 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Os Náufragos Teatro trae a Narón esta peza de teatro contemporáneo que aborda a vida dunha familia que ten que desepedirse do espazo onde creceron debido a unha expropiación ante a construción dun parque eólico.

As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es .

Actividade: Aprende a facer un podcast Hora: 18.00 Lugar: Biblioteca municipal

O Concello organiza esta proposta, para que os nenos, e tamén público adulto, aprendan a facer un podcast, redactando os contidos, gravando e editando. Require inscrición previa, ao tratarse de prazas limitadas.

Sábado 5 de outubro de 2024

Actividade: Caxoto: Grandes éxitos 2004-2024 Hora: 11.00 Lugar: Biblioteca municipal

O espectáculo de música e narración oral para público infantil a partir de 4 anos e familiar chega esta semana á Biblioteca a través dunha proposta organizada polo Concello. Require inscrición previa, ao tratarse de prazas limitadas.

Actividade: XXXI Ciclo Tempo de Música Hora: 19.00 horas Lugar: Local social da Picota (O Couto)

A Xove Banda de Narón, da Asociación Musical Cultural Sementeira abrirá este ciclo, que rematará o 3 de novembro. Organiza o Concello en colaboración coa AVV do Couto.

Actividade: Teatro contemporáneo: Noso Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura

As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …