SGHN anuncia a derradeira conferencia dentro do ciclo “Xuntanzas Naturalistas”

A delegación de Ferrol da SGHN anuncia a derradeira conferencia dentro do ciclo “Xuntanzas Naturalistas” que tiveron lugar baixo o patrocinio da Deputación da Coruña neste ano 2024, e informa que de seguido darán paso ás saídas naturalistas ao medio, baixo o mesmo patrocinador, na actividade “Outono Naturalista”.

Nesta conferencia prevista, a Doutora Sandra Goded, licenciada en Biolóxicas pola Universidade de Edimburgo en Reino Unido e doutorada pola USC, impartirá unha interesante conferencia titulada «Efectos de prácticas forestales sobre la biodiversidad en el Noroeste ibérico».

A investigadora e cofundadora da asociación Quercus Sonora, impartíu multitude de conferencias e participou en decenas de congresos nacionais e estranxeiros divulgando e concienciando na necesidade de conservación do bosque autóctono e a agricultura sostible, así como dos seus efectos sobre a biodiversidade.

A actividade terá lugar este venres 11 de outubro ás 19:30 horas no auditorio do Museo de Historia Natural en Ferrol. A entrada é de balde ata completar aforo.

Lea también

Ampliado o prazo para participar no Concurso de Debuxo da Festa do Marisco de Ferrol

O deseño gañador se reflexará na camiseta conmemorativa do evento, que se venderá coincidindo coa …