Fene presenta o programa «Seráns Activos”

O concello de Fene dende a concellaría de Benestar social presenta o programa “ SERÁNS ACTIVOS”. Está aberto o prazo de matrícula ata que se cubran as prazas ofertadas, por orde de inscrición.(15 prazas por grupo). Entregarase cuberta a folla de inscrición no centro municipal de Servizos sociais ou na caixa de correo servizos.sociais@fene.gal

Os obradoiros de “Espazo da memoria” e “Lembranzas: o banco da memoria” desenvólvense de forma itinerante polas diferentes parroquias do concello a través das entidades veciñais e culturais, as entidades colaboran facilitando os locais tendo en conta a súa dispoñibilidade horaria. O obradoiro de “Recuperación da memoria” realízase no centro Sociocomunitario de Fene.

Cada persoa poderá escoller libremente o obradoiro ao que acudir independentemente na parroquia na que viva. Todos os talleres ofértanse cunha periodicidade semanal cunha duración de 2h. a partir do 14 de outubro de 2024 ata 30 de xuño de 2025.

Requisitos:

Ter cumpridos os 55 anos. Cubrir ficha de inscrición antes do inicio da actividade.
Os obradoiros que se ofertan son os que se indican :

ESPAZO DA MEMORIA
Realízanse actividades que combinan a creatividade, traballo emocional, social e reforzo das capacidades intelectuais e físicas, promovendo a súa participación social paramanter activa a mente e mellorar a memoria, a atención, a concentración, linguaxe etc. utilizando dinámicas grupais e de ocio.

LEMBRANZAS: O BANCO DA MEMORIA
Este obradoiro centrase en traballar diferentes funcións cognitivas desde unha perspectiva experiencial, dinámica. Ten como finalidade recuperar e difundir as costumes e tradicións. o que permite perservar a historia dunha comunidade fomentando as relacións interxeracionais e visibilizando as persoas maiores.

OBRADOIROS DE RECUPERACIÓN DE MEMORIA
A súa finalidade é retrasar o inicio ou evolución da demencia, deterioro cognitivo, mantendo estable as diferentes funcións cognitivas dende unha perspectiva dinámica , evitando por conseguinte o aillamento. Realizase unha avaliación previa para adaptar as actividades.

Estás actividades están abertas a poboación a partir dos 55 anos. A actividade ten carácter gratuíto.

Lugar e datas dos obradoiros

ENTIDADES

DURACIÓN

HORA

ESPAZO DA MEMORIA

AA.VV. DE LIMODRE

XOVES Inicio 17 de outubro  

17:00 -19:00h.

C.P.S. DE SAN VALENTÍN

MARTES Inicio  15 de outubro 

16:30 -18:30h. 

A.C.D.R. O POTE MANIÑOS

LUNS Inicio 14de outubro 

17:00 -19:00h.

LEMBRANZAS

A.C.D.R. LIGA DE AMIGOS. BARALLOBRE

MERCORES Inicio 16 de outubro outubro 

16:30 – 18:30h.

AA.VV. PERLIO

XOVES Inicio 17 de outubro  

VENRES Inicio 18  de outubro

17:00 -19:00h.

16:30 -18:30h.

AW S.XURXO MAGALOFES

VENRES Inicio 18 de  outubro 

18:30 – 20:30h.

A.C.D.R. AGARIMO SILLOBRE

 

MARTES Inicio 15 de outubro 

18:30 -20:30h.

C.M.I.U. FENE

XOVES Inicio 17 de outubro 

17:00 – 19:00h.

RECUPERACIÓN DA MEMORIA

CENTRO 

 SOCIOCOMUNITARIO

MÉRCORES Inicio 16 de outubro

16.30 h – 18.30h

Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS avda.do Mar, Bloque 1, Baixo – San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal

Enlace CUARTILLA SERÁNS ACTIVOS 24

Lea también

Una conductora accidentada al colisionar dos vehículos en Franza, Mugardos

Sobre las nueve y media de la mañana de este jueves, día 21, se registró …