Paseo polos xardíns de Ferrol coa delegación local da SGHN

Un ano máis, baixo o patrocinio da Concellería de Educación do Concello de Ferrol, a Delegación de Ferrol da SGHN fará a saída aos xardíns históricos da cidade dentro da actividade «A Biblioteca sae ao medio: interacción libro-natureza».

O paseo partirá dende a praza das Angustias e contará cun percorrido de 2’87 km no que os naturalistas revelarán algunhas das especies de flora e fauna que comparten os máis antigos dos xardíns urbanos da cidade de Ferrol, e darán a coñecer a vida dentro do ambiente urbano.

Dende a entidade anuncian que o tope máximo de participantes está en 20 persoas e que a inscrición é obrigatoria para poder participar na actividade. Recomendan levar roupa e calzado cómodos e acordes coa meteoroloxía, así como paraugas e bebida.

INSCRICIÓNS: Nos teléfonos 698 141 384 ou 881 931 315. Será necesario aportar nome, apelidos e DNI de cada participante no momento da mesma.

Lea también

Ferrol celebrará su 300 aniversario como Departamento Marítimo con una jura de bandera civil en la plaza de Armas

El Concello de Ferrol y la Armada organizarán el próximo 20 de junio una jura …