Cedeira adxudica a mellora de 3,6 km na parroquia de Régoa

O Concello de Cedeira adxudicou por 76.621,64€ (IVE incluído), á mellor das tres ofertas que se presentaron ao proceso, as obras de mellora da capa de rodadura de dous camiños de titularidade municipal: o que vai de Meizoso a Biduido e o ramal que conecta Meizoso coa DP2205, na parroquia de Régoa.

A actuación contará principalmente con financiación do programa da Agader (64.170,72€), que se completará con recursos municipais.

O camiño de Meizoso a Biduido percorre 2,9 quilómetros e o seu ancho vai dos 3 aos 3,5 metros, mentres que o ramal de Meizoso ata a estrada provincial ten 700 metros de lonxitude e un ancho de tres metros. Ambos os dous presentan un importante grao de deterioración e cómpre abordar a súa mellora.

A actuación vai consistir na limpeza e perfilado dos foxos, así como nunha escavación na zona de mordentes á saída de Meizoso en dirección a Biduido, na marxe dereita, para corrixilos, e tamén na construción dunha gabia de formigón nunha zona da Condocia para canalizar un efluente que corre ao lado do camiño.

Despois farase o recheo de fochancas e finalmente un doble tratamento superficial para darlles aos camiños unhas condicións máis acordes ao tráfico que soportan.

O prazo de execución será dun mes.

Lea también

Se proyecta en Valdoviño un aparcamiento disuasorio en el entorno de la batería de Monte Campelo

El contrato también incluye el diseño de la intervención a realizar en los accesos. La …