Setestrelo-Airiños de Fene presenta o espectáculo «O Camiño» no teatro Jofre, Ferrol

Terá lugar este venres 4 de Outubro ás 20.30 horas no Teatro Jofre de Ferrol.

“O Camiño” é, tal como o seu nome indica, unha viaxe polo Camiño de Santiago; mellor dito, é unha viaxe polos distintos camiños que entran en Galicia e compoñen o Camiño de Santiago, posto en escena mediante a mestura de fotografía, vídeo, canto, música e presentacións teatralizadas

Persegue o obxetivo de intentar levar ao publico a fantasía de facelo camiño de Santiago dende a butaca, poñer en valor a nosa música e canto e mostrar a riqueza paisaxística e monumental de Galicia.

Para isto se empregarán musicas tanto das zonas por onde pasan os camiños como das áreas de influencia dos mesmos, músicas de autor, temas compostos para ese camiño en concreto e a proxección de fotografías e vídeos

Lea también

Detenidas tres personas por robar y vender material de obra de la empresa en la que trabajaban en Fene

Agentes de la Guardia Civil de Fene (A Coruña) han detenido a tres personas como …