Pontedeume pon en marcha o Consello Sectorial Municipal da Memoria Democrática

O Concello de Pontedeume aprobou no pleno de setembro a posta en marcha do seu Consello Sectorial Municipal da Memoria Democrática, un ente consultivo que ofrecerá asesoramento nos asuntos relacionados coa aplicación na vila da Lei de Memoria Democrática.

“Ademais, favorecerá a reparación e dignificación dos veciños de Pontedeume que padeceron calquera tipo de represalia”, explica o alcalde, Bernardo Fernández. “O consello impulsará tamén a investigación dos episodios históricos do concello que fosen silenciados ou terxiversados pola dictadura”, engade.

A creación do Consello partiu da Asociación de Memoria Democrática, tras a reunión mantida o pasado mes de abril a solicitude de Manuel Fernández Pita, presidente da mesma.

Os tres grupos políticos municipais, PSdeG-PSOE, BNG e PP, estarán representados no Consello, xunto a un representante das entidades memorialistas e historiadores de recoñecido prestixio no ámbito da investigación memorialista da contorna.

Lea también

O alcalde de Neda dita un bando coas normas que rexerán para garantir a seguridade nas luminarias de San Xoán

Coa vista posta na celebración da noite máxica de San Xoán e máis da festividade …