A Confraría de Cedeira organiza xornadas abertas ó público

As xornadas desenvolveranse o venres 27 de setembro, venres 11, venres 18 e martes 29 de outubro. Esta actividade, impulsada pola Confraría e financiada polo GALP A Mariña Ortegal, é gratuíta, sendo necesario inscribirse previamente.

Co fin de dar a coñecer o traballo que se leva a cabo dende a Confraría e a Lonxa de Cedeira, organízanse catro xornadas divulgativas e informativas para a posta en valor do produto mariñeiro local e a súa trazabilidade.

Levaranse a cabo 4 visitas ao porto nas que se poderá saber máis sobre o traballo quedesenvolve neste espazo, dende a saída ao mar ata o proceso de recepción do produto, o seu tratamento e posterior etiquetado, de cara a garantir a a súa trazabilidade.

O obxectivo destas visitas é achegar a toda a poboación a actividade no porto, como funcionan as entidades responsables, cales son os traballos que sedesenvolven, así como tamén a importancia da lectura e interpretación do etiquetado dos produtos, garantindo así un consumo responsable e a compra de produto de calidade.

Con esta actividade preténdese achegar aimportancia da labor dos oficios das xentes do mar, favorecendo así a dignificación do sector, o relevo xeracional e a fixación de poboación no territorio.

As xornadas terán lugar nas seguintes datas: venres 27 de setembro ás 11:30h, venres 11 de outubro ás 11:30h, venres 18 de outubro ás 17:00h e Martes 29 de outubro ás 17:00h, sendo totalmente gratuítas. Será imprescindible anotarse previamente a través de WhatsApp ou chamada ao número de teléfono (+34) 621 25 14 90.

O punto de encontro para iniciar as visitas será a Praza do peixe, dende aquí iniciarase un percorrido polo porto tendo como punto final a Lonxa de Cedeira.

Estas xornadas de divulgación forman parte do proxecto “Automatización do pesado, traslado e comercialización na Lonxa de Cedeira” impulsado pola Confraría de Cedeira. A través deste proxecto obtivéronse novos equipamentos para a mellora dos procesos de traballo na Lonxa, nas fases de traslado, recepción, pesado e etiquetado.

O proxecto “Automatización do pesado, traslado e comercialización na Lonxa de Cedeira” foi presentado pola Confraría de Cedeira para a obtención das axudas do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), aprobadas pola Consellería do Mar, no marco da estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) 2021 – 2027 xestionadas polo GALP A Mariña – Ortegal.

Lea también

Rey Varela reclama al gobierno central inversiones estratégicas para garantizar el futuro del naval en Ferrol

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, ha remitido una carta al presidente de …