Concello de Mugardos e veciños de Franza solicitan a conservación antiga Escola do Cruceiro

Os veciños presentaron 888 firmas solicitando que o Arcebispado de Santiago, propietario do inmoble, realice as actuacións necesarias para a súa conservación.

Esta semana un grupo de veciños de Franza presentou ao rexistro do Concello de Mugardos un escrito con 888 firmas no cal se solicitaba ao goberno local que incluíse a antiga Escola do Cruceiro no catálogo de bens patrimoniais do plan de ordenación urbanística municipal.

O obxectivo é retirar ese inmoble da lista vermella do patrimonio galego, logrando que o Arcebispado acometa as actuacións necesarias para a conservación deste ben de gran relevancia na memoria colectiva da veciñanza de Franza.

O Concello comprometeuse con esta proposta e, tras a reunión mantida cos veciños, o alcalde, Juan Domingo de Deus, xa presentou a cuestión na xunta de portavoces celebrada minutos despois. Posteriormente o compromiso trasladarase á concellería de urbanismo para que dea coñecemento do tema a todos os grupos da corporación.

Desde o Concello confíase en que o Arcebispado se faga eco desta iniciativa e que esta escola indiana, activa ata 1932, reciba a protección que merece como parte da historia de Mugardos, ou no seu defecto ceda o inmoble ao Concello de Mugardos para que poida destinalo a usos sociais.

Lea también

Neda adjudica por 43.265€ la renovación de las barandillas de protección en el Poulo

El Ayuntamiento de Neda adjudicaba esta semana el proyecto de relevo de las barreras de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *