A piscina municipal da Gándara en Narón reabriu para as sesións de nado libre

A piscina municipal do complexo polideportivo da Gándara abriu na xornada deste lúns 16 ás 07:45 horas para sesións de nado libre.

Así o anunciou o concelleiro de Deportes de Narón, Ibán Santalla, que recordou que se poderá acudir ás instalacións de luns a venres entre as 07:45 e as 14:00 horas e de 15:15 a 22:15, con sesións de de 45 minutos.

O edil naronés recordou que durante o mes de outubro as instalacións retomarán os cursos de natación, co que se reaxustarán os horarios actuais, ao igual que en cada tempada.

Lea también

Club Arco Narón conquista 1 Oro, 1 Plata y 2 Bronces en la 3ª jornada de la Liga Galega indoor

La 3ª jornada de la Liga Galega indoor 2026/2027 se ha celebrado en Taboadela (OU) …