Avanzan a bo ritmo nas Pontes as obras de mellora no Poboado da Fraga

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, acompañado polo concelleiro de obras, Roberto Rivera Rego, visitaron esta semana as obras de mellora de pavimentos e servizos no Poboado da Fraga (sexta fase) para coñecer o seu avanza.

As obras que avanzan a bo ritmo, teñen como obxectivo renovar o pavimento das beirarrúas con lastras de formigón recto e a colocación de bordo nos encontros coa estrada mentres que a separación entre a beirarrúa e as zonas verdes realizarase con bordo de xardín, mantendo os criterios estruturais e estéticos das fases anteriores, e co mesmo tipo de materiais.

Estas actuacións tamén contemplan a substitución do saneamento de augas pluviais por colectores de PVC e a execución das acometidas domiciliarias. Así mesmo procederase á renovación do alumeado público coa colocación de novos báculos e luminarias ao longo da beirarrúa, coa instalación das canalizacións e cabreados necesarios, creándose tamén a canalización para telecomunicacións.

Ademais, entre os traballos previstos, inclúese a instalación de novo mobiliario urbano, bancos e papeleiras, en toda a zona obxecto da intervención.

A empresa Construcciones Leonardo Miguélez S.L é a responsable dos traballos que contan cun orzamento total de 162.244,19€, financiados con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña, e que afectarán principalmente á rúa Maruja Mallo que, tras desta inversión, contará cos mesmos servizos renovados e unha estética acorde coa que xa presentan o resto de rúas da zona.

Lea también

Neda ultima la actualización de los planes de autoprotección de los centros educativos públicos

El Ayuntamiento de Neda trabaja en la actualización de los planes de autoprotección de los …