Narón delega na Deputación da Coruña a xestión e o cobro do imposto de plusvalía

A Deputación da Coruña asumiu as competencias do Concello de Narón sobre o cobro do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana (plusvalía), tras así aprobarse na sesión plenaria do Concello e posteriormente na da administración provincial.

É esta última a que se fixo cargo da xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva do citado imposto ou do imposto municipal que o complemente ou substitúa no futuro, tal e como indicou o edil de Facenda, Román Romero.

O citado imposto hai que pagalo cando un contribuínte vende, dona ou herda unha vivenda ou terreo de natureza urbana, sobre os que este tributo graba a revalorización dende o momento da súa adquisición ata a súa transmisión. O imposto sobre plusvalía recóllese na Lei reguladora das Facendas locais.

Lea también

Club Arco Narón conquista 1 Oro, 1 Plata y 2 Bronces en la 3ª jornada de la Liga Galega indoor

La 3ª jornada de la Liga Galega indoor 2026/2027 se ha celebrado en Taboadela (OU) …