ACRD Santa Mariña do Monte de San Sadurniño organiza unha excursión a Viveiro

A ACRD Santa Mariña do Monte, pertencente á parroquia sadurniñense do mesmo nome, organiza  este sábado 14 de setembro unha excursión na que se achegarán durante toda a xornada a distintos lugares de Viveiro.

Visitarán a fábrica de cerámica Regal, o casco histórico da vila, subirán ao miradoiro de San Roque e tamén pasearán polo Souto da Retorta.

A saída está posta para as 9:30h desde o local social da Golpilleira e as prazas son limitadas. O prezo da viaxe -incluido autobús, visitas e xantar- son 35€ para as persoas socias e 40€ para as que non sexan socias da entidade.  
 
O último día para anotarse é este martes 10 de setembro. Para ampliar información hai que chamar ao 630 811 062 ou ao 607 619 310.

Lea también

Cariño celebra la XXII Festa da Caldeirada e da Sardiña Lañada con casi 2.000 raciones previstas

El servicio de platos empezará a las 13:30 horas, aunque la venta de tickets se …