Cerdido, Ortigueira, Mañón e Cariño participan na posta en marcha do II obradoiro ‘Terras do Ortegal’

O Concello de Cerdido participa na posta en marcha da segunda edición do obradoiro ‘Terras do Ortegal’ desenvolto en conxunto cos Concellos de Ortigueira, Mañón e Cariño.

Organizarase cunha subvención da Xunta de Galicia concedida ao Concello de Ortigueira por valor
de 411.870 euros. O taller estará centrado no ámbito da atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. O Concello de Cerdido participará por primeira vez neste Obradoiro, no que se formarán un total de 20 alumnos durante 9 meses.

Os catro concellos acordaron levar a cabo este proxecto en conxunto, comprometéndose a asumir de maneira proporcional os custos non subvencionados que poidan xurdir.

Segundo os termos do acordo entre os catro concellos, o de Ortigueira será o responsable da xestión técnica e administrativa do taller, incluíndo toda a tramitación e a contratación do profesorado, así como a selección do alumnado.

Do mesmo xeito, o obradoiro impartirase en Ortigueira, aínda que o alumnado procederá dos catro concellos. Haberá tres alumnos de Cerdido, ademais de nove de Ortigueira, cinco de Cariño e outros tres de Mañón.

Durante o desenvolvemento do taller dual de emprego, as e os alumnos- traballadores recibirán formación profesional en alternancia coa práctica profesional. Desde o inicio do taller, os participantes serán contratados polo Concello de Ortigueira baixo a modalidade de contrato para a formación e a aprendizaxe, e recibirán o salario correspondente.

Ao finalizar o taller, o alumnado recibirá un certificado do Concello co que poderán solicitar o Certificado de Profesionalidade na especialidade de “Atención a persoas dependentes en institucións sociais» acreditándoos como profesionais cualificados para traballar tanto no servizo de axuda a domicilio como en centros de día e outras institucións sociais.

O alcalde de Cerdido, Alberto Rey, destacou que “é unha boa noticia para o Concello participar nesta segunda edición do obradoiro, xa que supón unha gran oportunidade para formar á veciñanza nunha área de especial interés no noso Concello, que aposta constantemente polos proxectos e iniciativas sociais”.

Na mesma liña, Rey explica que “tamén é unha oportunidade moi boa a nivel formativo coa que se fomenta o emprego”. Para rematar, o rexedor de Cerdido quixo agradecer “a implicación e o compromiso dos alcaldes do resto dos concellos para poder chegar a facer este proxecto conxunto”.

Lea también

El concello de Mugardos está haciendo las gestiones para atajar el deterioro de la casa natal de Bello Piñeiro

La portavoz de Cultura del Grupo Popular, Carmen Pomar, afirmó este viernes en el Parlamento …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *