LAB LGBTIQ+, apoiada pola Deputación, traballa nas comunidades educativas

A iniciativa LAB LGBTIQ+, apoiada pola Deputación da Coruña, comezará a funcionar nas comunidades educativas para concienciar sobre o respecto á diversidade sexual aos estudantes.

Fuente Diputación de A Coruña/ Fene LGTB

Dito programa, desenvolvido pola cooperativa galega Rexenerando, conta cunha axuda da Deputación da Coruña a través da liña de concorrencia para Programas en Igualdade de xénero no ano 2024 e desenvolverase nesta primeira edición en media ducia de concellos de Ferrolterra.

O plan foi presentado esta semana no Concello de Fene, unha das institucións municipais implicadas na aplicación deste programa. No acto estivo presente a deputada de Igualdade, Soledad Agra Tuñas, e representantes dos seis municipios en cuestión.

Esta ferramenta implicará activamente a entidades como AVANTE LGBT+ Ferrolterra, ARELAS, Asociación de familias de menores Trans*, o Colectivo Agrocuir da Ulloa, a Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia ou o Club de lectura Queeruña, das Bibliotecas Municipais da Coruña.

Todas estas figuras traballarán a prol do obxectivo final: a procura dunha xeración de redes, dentro da propia comunidade escolar, con outros axentes locais, e con colectivos supramunicipais que poden fornecer apoio ou recursos máis especializados.

Así, o Laboratorio de Apoderamento LGBT+ (LAB LGBT+) articularase como un programa de carácter social, que busca sensibilizar as comunidades locais no respecto á diversidade sexual, traballando de maneira específica coa mocidade.

Fuente Diputación de A Coruña/ Fene LGTB

Farase a través de ofrecemento dun servizo estable, que apoie a xeración de espazos de calidade e redes nas vilas e pequenas cidades galegas, promovendo o apoderamento e o prototipado de accións entre pares para a transformación social.

A creación dunha rede de docentes interesados, a formación sobre diversidade sexual para estudantes e familias, os obradoiros de apoderamento LGBT+ con mocidade ou a constitución dun grupo motor en cada localidade co alumnado interesado en continuar este traballo serán algunhas das vías de actuación dun programa que terá un acto de presentación de resultados con todos os axentes implicados.

Lea también

La Policía Nacional interviene en 23 centros educativos gallegos, entre ellos en Ferrol, ácido pícrico, una sustancia potencialmente peligrosa

La Policía Nacional ha detectado e intervenido para su destrucción recipientes que contenían ácido pícrico …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *