O Ateneo Ferrolán acolle a presentación de reto deportivo Salitre 558

Este martes 10 de setembro as 19.30 horas terá lugar no Ateneo Ferrolán a presentación do proxecto social e reto deportivo Salitre 558.

O Clube Deportivo 21 Leguas en conxunto coa FEGEREC (Federación galega de enfermidades raras e crónicas) e Salitre Malpica, asociación para a promoción deportiva farán unha pequena exposición sobre un reto que consistirá en que cinco deportistas do devandito clube acompañados en varias etapas por outros compañeiros correrán durante os días 21, 22 e 23 os 200 kilómetros do Camiño dos Faros.

A colaboración chámase Salitre 558 , cinco embaixadores, 5 grupos de enfermidades e 8 faros, 203 kilometros.

Cada un dos cinco deportistas representa a un grupo de enfermidades (metabólicas, neurolóxicas, auto inmunes , cardiopatías conxénitas ou sen diagnóstico).

O martes acompañados de representantes de FEGEREC e Sálitre Malpica contarán como xurde o proxecto e como se levará a cabo, o material a utilizar, as colaboracións obtidas, e os testemuños das familias dos nenos afectados e dos propios pacientes adultos.

Desde o Ateneo Ferrolán «non só estamos encantados de poder dárlles espazo , como entidade de profunda vocación social tamén queremos amosarllles o noso apoio neste reto».

Lea también

Ferrol celebrará su 300 aniversario como Departamento Marítimo con una jura de bandera civil en la plaza de Armas

El Concello de Ferrol y la Armada organizarán el próximo 20 de junio una jura …