FeC denuncia «o nefasto trato do goberno popular á comunidade educativa»

Ferrol en Común afirma que «actualmente, todos os asuntos que teñen que ver coa educación na nosa cidade están mal ou peor». «Comezando polos recortes de persoal nos IES Ferrol Vello e IES de Canido, que xa foron denunciados no pasado mes de xullo; a falta de prazas para os nenos  no CEIP de A Laxe froito das novas ratios que deixan na estacada a numerosas familias, situación que tamén foi posta sobre a mesa o pasado mes de xuño; e agora atopámonos coa suba dos prezos do comedor ata case o dobre e a inexistencia das actividades extraescolares, dúas cuestións motivadas pola mala xestión do goberno popular».

«Xa durante o pasado curso escolar foron moitas as queixas sobre o servizo de comedor nos CEIP da cidade, poucos monitores, escaseza de comida saudable ou o modelo de altas e baixas xeraban un gran descontento entre as familias usuarias».

«Os grupos da oposición, recollendo as demandas da comunidade educativa quixemos participar na elaboración dos pregos comedor para incidir nas melloras necesarias, unha participación que non nos foi posible, pois non fomos escoitados nin nós nin o Consello Escolar Municipal que non foi convocado» engaden

«No pasado Pleno atopámonos un prego no que o servizo de comedor increméntase o dobre no prezo do xantar e un 20% no caso do almorzo, un aumento que entendemos que se debe ao encarecemento da vida, pero que vai supoñer unha grande carga para as familias que ata o de agora pagaban por xantar 71€/mes completo e pasarán a pagar 110,80€ e o mesmo no almorzo que pasa de 36,80€ a 44€».

Dende FeC «consideramos que este peso económico non pode recaer unicamente nas familias e que o goberno local debería incrementar a partida neste eido, que segue sendo a mesma que o ano pasado, para asumir parte da suba. Así mesmo, cando trátase de obras que se venden moi ben na prensa, a Xunta de Galicia inviste en Ferrol, pero cando trátase de dereitos sociais para as familias ferrolás non aparece».

«Ademais, estes novos pregos non recollen todas as melloras demandadas pola comunidade educativa, por exemplo, segue a cociñarse fora da cidade e non aumentan o número de persoas monitoras».

«Doutra banda, queda menos dun mes para o inicio das actividades extraescolares, sen embargo seguen nunha grave situación, coma xa alertamos fai unhas semanas, froito da neglixencia do Partido Popular o cal sacou a licitación un prego que non cubría as mínimas garantías para que algunha empresa se presentase, escatimando o orzamento adicado a este servizo fundamental para as familias».

«Coma xa avanzamos, o prezo de licitación é o mesmo que no 2012, 21.29€ a hora, tendo subido o SMI un 54% dende 2018 e o IPC un 25%, o que impide un desenvolvemento de actividades digno para os nenos e as nenas e o pagamento dun salario digno aos traballadores do servizo».

«O goberno anunciou solucións neste eido pero a menos dun mes do comezo das extraescolares non hai noticias, unha cuestión que vai supoñer atrasos nunhas actividades complementarias e de conciliación coma son as extraescolares. Outra mostra máis da pouca implicación e nulo interese deste goberno coa educación pública».

«Todas estas cuestións, poñen de manifesto a mala xestión do grupo popular en materia de educación».

Lea también

Ferrol adjudica la reforma del Parque de Personaxes Populares

Una de las actuaciones más demandadas por los vecinos y vecinas del barrio de Caranza …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *