Aberta a inscrición en Cerdido no obradoiro ‘Memoria e ximnasia’

O Concello de Cerdido abre o prazo para a inscrición no obradoiro ‘Memoria e ximnasia’, destinado ás persoas maiores de 60 anos e veciñas do municipio. O prazo estará aberto ata o vindeiro luns 16 de setembro.

O obradoiro celebrarase todos os martes e xoves na Casa da Cultura en horario de 16 a 18 horas, sendo a primeira sesión o martes 17 de setembro. Prolongarase desde setembro ata decembro e terá continuidade despois do Nadal.

A inscrición é de balde e pódense realizar de xeito presencial no departamento de Servizos Sociais do Concello de Cerdido ou chamando por teléfono ao 981 41 10 00.

Co obradoiro, que xa leva máis de 10 anos organizándose, búscase axudar ás persoas maiores a manterse en forma, promovendo un envellecemento activo entre a poboación a través de diferentes exercicios cos que traballarán tanto fisicamente como a nivel mental, centrándose na memoria, nos reflexos e nos músculos.

A iniciativa ten por obxectivo principal fomentar a estimulación cognitiva para contribuír a prever enfermidades mentais e a perda da memoria nas persoas maiores de 60 anos, promovendo a psicomotricidade en idades avanzadas.

Desde o Concello quérese continuar con este tipo de iniciativas, moi valoradas pola veciñanza como mostra o éxito que o obradoiro ‘Memoria e Ximnasia’ tivo en edicións anteriores.

O alcalde, Alberto Rey, destacou “a implicación do equipo de goberno en materia de servizos sociais con este tipo de iniciativas, moi útiles para a veciñanza”.

Na mesma liña, Rey afirmou que “as políticas sociais son prioritarias para o goberno municipal, como amosan tamén os servizos complementarios de podoloxía e fisioterapia que se manteñen este ano no Servizo de Axuda no Fogar”.

Lea también

Fene acolle unha charla sobre alimentación saudable durante o embarazo

A nutricionista do centro de saúde de Fene, Iria González Fraga, e o matrón deste mesmo centro, David González …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *