O Concello de San Sadurniño e mailo club MTB Biela e Chaveta propóñen para o próximo 20 de setembro unha ruta nocturna ao longo de 15 quilómetros de pistas e camiños.
Arrancará ás 21:00h de diante do CPI e, tras facer un pequeno percorrido pola zona urbana, collerá rumbo a Cornide, Naraío e Ferreira, seguindo un trazado que na súa maior parte xa se fixo na BTT celebrada no mes de xuño.
As inscricións, gratuítas, hai que facelas cubrindo este formulario pdf que logo se deberá enviar ao correo fernando.guinazu@sansadurnino.
A saída darase sobre as nove da noite diante do colexio público e desde alí tirarase cara a Cornide e a Penamoura, onde o trazado se dividirá en dous camiños: un de 13 quilómetros relativamente doado e outro de 15 algo máis duro, cunha subida de aproximadamente 1km até o Chao e a Penavidreira. Nese punto, o máis elevado de toda a ruta -o ascenso total son 356 m-, emprenderase de novo a baixada seguindo os montes de Piñeiros e a Bidueda até rematar nos xardíns municipais.
A BTT nocturna, cuxo trazado e perfil pode verse nesta ligazón, será unha proba de dificultade media aberta a todas as idades, aínda que se debe ter presente que pola distancia, por ser de noite e por discorrer por pistas de terra, non se debe facer con nenos pequenos ou con menores que non teñan certa experiencia na bici de montaña.
En calquera caso, as persoas de menos de 18 anos deberán vir acompañadas dunha adulta. Ademais tamén será obrigatorio o uso de casco e de luz frontal e traseira.
As inscricións están abertas até o 18 de setembro cubrindo o formulario dispoñible na web municipal e enviándoo a fernando.guinazu@sansadurnino.
A BTT nocturna é gratuita e só hai 100 prazas dispoñibles. Todas as persoas apuntadas estarán cubertas por un seguro e coa inscrición van incluídos os avituallamentos da metade e do final da proba.
Trazado e perfil da BTT Nocturna
Formulario de inscrición (enviar a fernando.guinazu@sansadurnino.