A Deputación da Coruña liquida a Audasa o 100% do IBI

Tal como anunciara a principios deste ano, a área de Xestión Tributaria da Deputación da Coruña liquidará este ano a Audasa o 100% do IBI nos 18 concellos polos que discorre a AP-9 e que teñen delegada a xestión e cobro dos seus tributos na institución provincial.

Así o anunciou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que explicou que se “liquidará por primeira vez o 100% do IBI a Audasa nos concellos polos que pasa a AP-9 e que teñen delegada a xestión do imposto na Deputación, que son todos a excepción das cidades da Coruña, Ferrol e Santiago”

O presidente indicou que “o fin da bonificación no IBI da AP-9 implicará para estes 18 concellos da provincia pasar duns ingresos anuais de 189.000 euros a máis de 3,7 millóns de euros en concepto de IBI polo paso da autopista no seu territorio”.

Formoso lembrou que os servizos tributarios da Deputación xa tiñan tomada esta decisión “de oficio, en virtude do Real Decreto 173/2000, que na súa claúsula vixésima establece no 19 de agosto de 2023 o fin do 95% de bonificación do que gozaba Audasa desde hai décadas” grazas a unha Lei de 1972

CONCELLO

 

COTA  ÍNTEGRA 24 

 COTA IBI ANTERIOR

ABEGONDO

595.420,80

29.771,04

AMES

16.217,69

810,88

BERGONDO

303.502,43

15.175,12

BETANZOS

136.691,94

6.834,60

CABANAS

225.503,08

11.275,15

CAMBRE

183.028,18

9.151,41

CULLEREDO

118.929,71

5.946,49

FENE

166.038,23

8.301,91

MESIA

88.038,87

4.401,94

MIÑO

230.136,70

11.506,84

NARON

79.543,89

3.977,19

NEDA

67.959,83

3.397,99

ORDES

453.322,97

22.666,15

OROSO

264.116,62

13.205,83

PADERNE

46.336,25

2.316,81

PADRON

366.828,64

18.341,43

PONTEDEUME

173.760,93

8.688,05

TEO

268.750,25

13.437,51

 

3.784.127,01

189.206,34

Lea también

Renfe pondrá en circulación a partir del 15 de diciembre dos servicios de Avlo en la conexión A Coruña-Madrid

La conexión Ferrol-Madrid aumentará las opciones de viaje enlazando el nuevo Avlo A Coruña-Madrid y …