O Nº 35 da Revista FerrolAnálisis presentarase o mércores 21 de agosto na sala Carlos III de Exponav

A Sala Carlos III do Museo da Construción Naval, (EXPONAV) acollerá o vindeiro mércores 21 de agosto ás 19:30 horas o acto de presentación do Nº 35 da Revista de Pensamento e Cultura FerrolAnálisis que edita o Club de Prensa de Ferrol.

Según explica el Club de Prensa, acadar o número 35 da publicación de FerrolAnálisis, «é para nos todo un logro colectivo” dunha aventura editorial que desde o Club de Prensa de Ferrol emprendemos en 1990. Un logro colectivo que é posible grazas a unha xenerosa militancia amiga e comprometida que ven compartindo coa nosa revista e os seus seguidores, estudos e reflexións, froito de rigorosos estudos e investigacións que converteron a nosa revista nunha publicación emblemática e referencial continuadora da gran tradición literaria existente na cidade, e que segue a manter o seu formato en papel, grazas a xenerosa colaboración continuada no tempo da Deputación Provincial da Coruña e do Concello de Ferrol, institucións ás que agradecemos a súa fidelidade».

E así explican, ábrese a revista coa pegada humana e cultural de Fernando Bores Gamundi, quen como sinala Nona Inés Vilariño, dunha forma ou outra estará para sempre presente nas súas páxinas.

Un número no que Consello de Redacción sumándose ás numerosas institucións académicas e culturais galegas que veñen homenaxeando polo seu 95 aniversario ao insigne profesor D. Xesús Alonso Montero, ten a fortuna de acoller un revelador traballo da súa autoría “Sobre a Intelectualidade Progresista de Ferrol a fins do XIX e comezos do XX”. Neste obra, D. Xesús agasállanos, descubrindo e poñendo ante todos nos o importante legado que deixou en Ferrol e toda Galicia a familia “De la Iglesia”.

A temática ferrolá, segue a ser o cerne duns contidos que nos permiten achegarnos á primeira e recente campaña arqueolóxica para o estudo do patrimonio castrexo en “Tralocastro”; a influencia de Ferrol na personalidade e obra literaria de Torrente Ballester; a importancia e influencia no teatro de vangarda galego do Teatro Estudio de Ferrol creado a finais dos anos sesenta do pasado século por un grupo de alumnos do Instituto Concepción Arenal; ao sentir cultural de Ferrol, que contou con numerosos e notables intelectuais ferroláns nos primeiros anos do Ateneo de Madrid.

Son retallos de historia conxugados co presente, porque neste número ofrecese unha extensa relación de imaxes dos numerosos asistentes á inauguración do Memorial Ás “Vítimas do Franquismo en Ferrol, Eume e Ortegal”, polo que tanto empeño e paixón loitou Vicente Couce, e que tivo lugar o pasado 24 de febreiro de 2024.

A historia, a literatura e artes complétanse coa ollada ao futuro que nos brindan artigos sobre as reflexións pos pandémicas e a aposta polo hidróxeno verde.

E de cando en vez, «alegrando os ollos e os sentidos», xorde ante nos unha fermosa obra de José Luis Loureiro, na que o pintor ferrolán convídanos a desfrutar e reflexionar sobre a súa particular concepción artística e da natureza. Unha concepción da paisaxe que semella traspasar os límites do plano e suxerirnos a sensación de introducirnos no seu hábitat íntimo e persoal, no que Loureiro, desenrola a súa actividade creativa e vital.

Tamén se achega este ´número a Mondoñedo, a cidade episcopal coa que Ferrol comparte Diocese e lazos de irmandade, achegándonos ó seu Conxunto Histórico Artístico; a Escola Poética do Seminario de Mondoñedo, e a súa Catedral e Museo. Premio Galicia de Comunicación 2006 da Xunta de Galicia Insignia de Ouro Cidade de Ferrol 2015.

No apartado de Comunicación, ademais das informacións relativas ao Premio de Liberdade de Prensa “José Couso” figura un interesante e revelador traballo de Patricia López Bellas sobre “Mujeres en la prensa, analizando el sexismo en las noticias sobre violencia machista”.

Páxinas e páxinas de estudos, investigacións e reflexións conforman a este Nº 35 de FerrolAnálisis. En todas o coidado teimoso e paciente que como sempre, agradecemos ao Consello de Redacción e á súa directora, Esperanza Piñeiro de San Miguel.

No acto de presentación participarán D. Xesús Alonso Montero, o Alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, a Directora da revista Esperanza Piñeiro de San Miguel, a Presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Julia Díaz Sixto.

Debido a limitación do aforo, a asistencia ao acto será por invitación confirmada.

Lea también

Este jueves se cierra al tráfico, por la tarde, el túnel de la plaza de España por reparación del vial

El Ayuntamiento de Ferrol informa que este jueves debido a las obras de reparación del …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *