As Pontes licita a mellora do interior do mercado municipal

O Concello das Pontes ven de sacar a licitación as obras de reforma do interior do Mercado Municipal, un proxecto cun orzamento de 124.499 euros con cargo á liña de axudas da Consellería de Economía para o impulso dunha rede de Mercados Excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos.

Os traballos previsto, en palabras da concelleira responsable da área, Elena López, teñen como obxectivos prioritarios de unificar a imaxe exterior dos postos e do espazo común, mellorar a acústica do espazo común e o illamento térmico así como renovar os aseos existentes e recolocar o aseo accesible, para “deste xeito encamiñar o espazo a unha compatibilidade coa futura ampliación prevista no anteproxecto de mellora da contorna do mercado das Pontes, xerando unha distribución que permita a futura apertura dunha nova porta na fachada oeste”

Por outra banda, Elena López apunta que “todas as obras expostas son de pequena envergadura e construtivamente sinxelas, coutadas a elementos puntuais do edificio e sen afectar, en ningún caso, ao funcionamento, uso e instalacións do inmoble”.

Así, co obxectivo racionalizar os espazos existentes, dotar ao mercado das Pontes de maior funcionalidade e atractivo, unifcarase a a imaxe exterior dos postos de venta coa retirada o actual friso e o revestimento dos piares integrados no frontal dos postos para a colocación dun novo azulexado e sobre os postos, crearase un novo friso, realizado en madeira, que servirá como soporte para as serigrafías dos diferentes postos, mediante letras corpóreas de aluminio lacado.

No caso da zona común, co obxectivo de mellorar a acústica e a térmica, colocarase un falso teito de panel acústico de labra de madeira onde se disporán diferentes canles para albergar novas luminarias led.

A obra actuará sobre toda a franxa que abarca os aseos comúns do extremo oeste para renovar os acabados e louza dos aseos comúns existentes. Modificando a disposición das portas para adaptarse á distribución de lavabos xa existentes e recolocar o volume de aseo accesible, incluíndo a posibilidade dunha dobre transferencia e a instalación de aviso lumínico por accidente.

Finalmente, no novo espazo de entrada aos de aseos disporase un espazo para situar unha nova dotación de taquillas de uso común.

Lea también

Fene presenta o programa «Seráns Activos”

O concello de Fene dende a concellaría de Benestar social presenta o programa “ SERÁNS …