Rematan en As Pontes as obras da segunda mellora na avenida de Ortigueira

O Concello das Pontes deu por concluídas as obras da segunda fase da mellora de pavimentos e servizos na avenida de Ortigueira.

O proxecto, con orzamento de 214.886 euros con cargo á Deputación da Coruña, tivo como obxectivo prioritario continuar mellorando a accesibilidade da rúa, eliminando o desnivel existente entre a estrada e as beirarrúas así como mellorar os servizos de iluminación e saneamento, dándolle continuidade ao proxecto de rehabilitación, humanización e mellora da accesibilidade levada a cabo polo Concello das Pontes no centro urbano.

Entre os traballos realizados inclúese a renovación da rede de saneamento, na súa marxe dereita, e a conexión coas saídas das vivendas e tamén a execución dunha rede separativa de pluviais, en ambasmarxes, coa instalación dos sumidoiros e o recrecido dos pozos de rexistro.

Así mesmo, procedeuse á instalación de alumeado público, un traballo que incluíu a execución da canalización eléctrica, a colocación de cable eléctrico, a eliminación dos farois existentes e colocación de novas luminarias. Ademais no paso peonil instalaranse faros LED para cada sentido de movemento e sinais luminosos de paso de peóns.

A pavimentación da beirarrúa realizouse mediante baldosa prefabricada de cor, executándose o bordo de conexión coa calzada mediante unha fila de lastra prefabricada de formigón mentres que nos pasos de peóns dispúxose un pavimento diferenciado táctil seguindo a normativa de accesibilidade vixente.

Para realizar o afirmado da zona de rodaxe, procedeuse ao fresado e demolición daquelas zonas onde as dimensións eran limitadas e continuouse con achega de formigón bituminoso con acabado impreso, tanto na zona de rodaxe como na de estacionamento, protexido cunha capa a base de resinas.

Os traballos remataron coa instalación de novo mobiliario urbano (papeleiras, xardineiras e bancos) e a reposición da sinalización en toda a rúa.

Lea también

El concello de Mugardos aprueba la licitación de obras para la mejora de la rúas Casás y Simou con un presupuesto superior a los 200 mil euros

En la última Junta de Gobierno Local del concello de Mugardos se aprobó la licitación …