A Deputación dá voz ás persoas que manteñen a chama da galeguidade no mundo

A Deputación da Coruña, coa colaboración do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), organizou a véspera do Día de Galicia, o 1º Maratón de Galeguidades, un streaming de 12 horas en directo no que participan máis de 100 persoas desde 27 países dos cinco continentes para falar das distintas formas de ver e de sentir Galicia arredor do mundo.

Foto Diputación de A Coruña/ Galeguidades

O Maratón desenvólveuse mediante entrevistas e faladoiros encadenados, que comezaron en Oceanía e Asia e continuaron en países de Europa e África e remataron con distintas conexións con América. A retransmisión en vivo poide seguirse a traves da web https://galeguidades.hub.gal/ ,da canle de YouTube e as redes sociais da Deputación da Coruña ou do IGADI.

O presidente da Deputación da Coruña,  Valentín González Formoso, foi entrevistado polo xornalista Tino Santiago para falar do traballo da institución provincial desenvolve desde hai anos no apoio á Galicia exterior e da perspectiva que se ten desde a provincia sobre a emigración, a histórica e a actual, e os retos de futuro.

Formoso destacou “a contribución da nosa emigración ao desenvolvemento dos países que nos acolleron e da propia Galicia. Proba delo son as máis de 300 escolas que foron construídas nos nosos pobos e vilas grazas ao labor filantrópico dos emigrantes” e repasou a colaboración histórica da Deputación, ao longo de décadas, con centros, asociacións e institucións benéficas galegas de referencia no exterior como o Colexio Santiago Apóstol, o Museo da Emigración Galega (MEGA), ou o Hogar Gallego para Ancianos de Bos Aires (Arxentina) ou o Padroado da Cultura Galega e o Hogar Español de Montevideo (Urguai).

Tamén se abordaron na entrevista os cambios e as novas formas de emigración galega, formada fundamentalmente por xente moza cunha formación moi cualificada. “Pasamos de emigrar a Suíza para facer traballos de baixa cualificación a traballar como investigadores do acelerador de partículas do CERN. É positivo que existan este tipo de oportunidades nun mundo globalizado, pero supón un gran drama que a mocidade galega mellor formada da nosa historia teña que quera facer a súa vida aquí teña buscar oportunidades fóra de Galicia. Cando alguén quere desenvolver o seu talento e os seus coñecementos na súa terra e non pode facelo por falta de oportunidades é un fracaso como país. Debemos apostar máis pola investigación e a ciencia”, afirmou Formoso.

Finalmente, abordouse o papel da Deputación da Coruña en proxectos de cooperación exterior. “A solidariedade galega mellora a vida de miles de persoas en países en vías de desenvolvemento arredor do mundo”, afirmou o presidente, que lembrou que a institución provincial apoia este ano a 22 ONG galegas en proxectos educativos, sanitarios e de mellora de infraestruturas básicas como a “Escola Coruña” de Senegal ou o programa “Viaxe cara a vida”, que permite traer cada verán a nenos africanos para ser operados de cardiopatías e graves doenzas no CHUAC.

O Maratón continou dando voz a emigrantes e a descendentes de emigrantes de todas as idades, e contará ademáis coas historias de persoas estranxeiras que, por diversos motivos, implicáronse con Galicia e co galego como o profesor estadounidense Andy Chichester, a lingüista polaca Wiktoria Grygierzec, ou a xornalista brasileira Thayane Gaspar.

Entre as persoas entrevistadas atopáronse representantes de Centros Galegos e asociacións de empresarios, organizacións de galegas da nova diáspora, traballadoras galegas en sedes diplomáticas, investigadores da Asociación Internacional de Estudos Galegos, emprendedores ou profesionais variados na medicina, o xornalismo, a publicidade ou a Universidade.

Os entrevistadores do Martón, xornalistas como Fernanda Tabarés e Santiago Garrido (La Voz de Galicia), Monste Montaos (CRTVG) ou Marta Otero (La Opinión), pero tamén creadores de contido en galego para internet, como a youtuber Prado Rúa, ou Borja González (creador da comunidade de internet en galego máis grande en redes sociais, Orgullo Galego).

Igualmente, houbo espazo para novos medios de internet nacidos na diáspora, como a revista cultural O Ferrado, ou o poadcast Fóra de Mapa. Tamén dinamizarán as conversas, artistas como Sabela Ramil, escritoras como Llerena Perozo ou Zinthia Álvarez, profesores universitarios como Luzía Oca, Diego Sande ou Christoph Schreinmoser, e mesmo Ramiro Rodríguez, Cónsul de Uruguai en Galicia e norte de España.

Este evento en ‘streaming’ non será illado, pois virá acompañado dun informe de conclusión que pretende axudar á Deputación da Coruña a mellorar as políticas de acción exterior coa emigración galega e aproveitar a súa competitividade.

Segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estadística, hai máis de 529.000 galegos e galegas residindo fóra de España. Así as persoas galegas supoñen preto do 20% do total de poboación española no estranxeiro. América, con 410.000 persoas, é o continente con máis presenza galega. Séguelle Europa, cuns 113.000 residentes e a moita distancia xa están Oceanía (máis de 2.000), Asia (case 1.500) e África (algo máis de 1.000).

Lea también

Los trabajadores de Navantia Ferrol votaron paralizar los trabajos de aceros de las F-110

Los operarios de Navantia Ferrol han aprobado este miércoles, mediante un referéndum con voto en …