Pontedeume recibe no 1º semestre un 50% máis de visitantes e case triplica os peregrinos

O Concello de Pontedeume fai un balance moi satisfactorio das cifras turísticas no primeiro semestre do ano, cun incremento moi significativo do número de visitantes, provocado principalmente pola forte subida dos peregrinos.

Neste sentido, dende o concello indícase que no primeiro semestre, un total de 9.930 visitantes pasaron pola Oficina de Turismo. Estas cifras supoñen un notable crecemento neste período, xa que no 2003 rexistráronse 6.652 visitantes.

O incremento é especialmente significativo polo que respecta aos peregrinos, xa que entre xaneiro e xuño pasaron polo albergue 5.336 (3.458 pernoctaron na vila), polos 2.097 do ano 2023 (1.159 con pernocta).

“Levamos anos traballando moi duro na promoción da nosa vila e chegan os resultados”, asegura Bernardo Fernández, alcalde de Pontedeume e presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés.

A concelleira de Turismo, Ángela Piñeiro, valora “o impacto no sector servizos e no conxunto da economía local destes datos tan positivos”.

Nas últimas semanas destacan os grupos grandes de peregrinos que chegan a Pontedeume e pernoctan no pavillón. No mes de xuño, 230 persoas chegaron en só dous destes grupos.

Lea también

Activan un operativo para rescatar a un hombre en Valdoviño (A Coruña) que logró salir del mar por sus propios medios

Un operativo ha tenido que ser activado este domingo para rescatar a una persona en …