Club Kang logra 2 bronces no Cto. de España de Kickboxing Junior e Cadete

O Club Kang, con sede en Fene e Betanzos, este fin de semana tivo participación no Campionato de España de Kickboxing Junior e Cadetes, logrando dous bronces.
 
Zeltia Molina, Jairo Sánchez e Ainara Ardá, asistiron como membros da selección galega de Kickboxing, xa que foron seleccionados pola selección Galega por ser campións galegos e primeiros no ranking en Galicia.
 
Fuente Club Kang
Zeltia Molina competiu na categoría junior 60kg, competindo en Lightcontact e en Kicklight. En Lightcontact cae na primeira ronda a pesar de levar a iniciativa durante todo o combate e mostrarse superior ante a sua rival, máis a falta de eficiencia a hora de conectar os puntos faille perder, por unha mínima diferencia de puntos, debendo seguir traballando para evitar errores tan pequenos que a fixeron caeron na primeira ronda. 
 
En Kicklight pasa a primeira ronda cun moi bo traballo, e cae en semifinais contra a actual campiona de España e terceira do mundo. Competir de tú a tú, e facerlle frente a unha rival de tantísimo nivel so pode indicar que de seguir traballando duro pódese chegar moi lonxe e que vai por moi bo camiño. En Kicklight logra a medalla de bronce.
 
Jairo Sánchez competiu na categoría junior -69kg, competindo en Kicklight.
 
Fai un moi bo traballo, conectando puntos e esquivando golpes dun xeito realmente bonito e técnico, pero a falta de experiencia en campionatos nacionais e a diferencia de pegada cos campionatos autonómicos, faille ser pouco profundo nas pegadas e recibir impactos que lle fan ter unha hemorraxia nasal e non pode acabar o combate, caendo na primeira ronda.
 
Ainara Ardá competiu na categoría Cadete menor -47kg, competindo en Lightcontact e en Kicklight.
 
Coa sua temprana idade e como primeriza nun campionato deste nivel, logrou superarse entre asaltos e combates, mellorando o control dos nervios que lle dificultaron desenrolar un primeiro combate en Lightcontact mais no seguinte de Kicklight superouse con creces, debe seguir traballando e madurando deportivamente. Sen dubida, pola sua temprana idade, ten moito camiño por diante e pode chegar moi lonxe se o desexa e continua adestrando. Foi bronce en Kicklight .
 
O técnico deportivo do Clube, Manuel Seijas, asistiu formando parte do corpo técnico da selección galega. Para os 3 deportistas, foi a sua primeira vez nun campionato nacional. Os 3 cumpriron os obxetivos e están a traballar para superarse e continuar crecendo como deportistas!
 
O Clube expresa que «a reflexión que traemos de volta a casa e que os nosos deportistas están o nivel de competir cos mellores, tanto en Lightcontact coma en Kicklight. Con adestramento, método e constancia, os deportistas do Club Kang, están o nivel de competir contra calqueira nun campionato nacional»

Lea también

En un partido difícil ,pero sin mordiente, tras el fallo de un penalti a favor del Racing, finaliza con el 0-0 en el marcador

(Amboage)-Un partido difícil al que se enfrentó el Racing de Ferrol en la noche de …