O centro cívico de Canido acolle a presentación do libro Cartas de Marco Polo e outros relatos

O profesor mugardés Gabriel Rei-Doval presenta este venres 19 de xullo no centro cívico de Canido, Ferrol, (20:00 horas) o seu libro Cartas de Marco Polo e outros relatos (Edicións Embora).

Estará acompañado na presentación polo editor Miguel Toval e polo músico e fundador de Luar na Lubre Bieito Romero, que ao final do acto interpretará varias das súas creacións.

Cartas de Marco Polo e outros relatos recolle ensaios elaborados polo autor “sen o corpiño propio da investigación, libres de ataduras académicas no proceso creativo”, segundo os define o propio autor, nesta altura profesor da Universidade de Wisconsin-Milwaukee.

O libro que presentamos foi orixinariamente unha sección do xornal dixital Galicia Confidencial. A súa escrita estivo condicionada pola inmediatez entre as datas e lugares visitados e a saída dos artigos.

Cartas de Marcos Polo e outros relatos contén tamén ensaios publicados noutros periódicos ou revistas galegas (xa en papel, xa dixitais) e foron o seu primeiro intento consciente de crear unha narrativa consecutiva para unha viaxe longa. Estes ensaios forman un conxunto que reflicte a necesidade de viaxar para atopa-lo necesario punto de encaixe e o lugar no mundo.

Son artigos pegados a unha literatura de viaxes dun tipo máis tradicional ca as súas posteriores Viaxes sen Lee, o proxecto creativo no que traballa actualmente.

Lea también

La mejor danza contemporánea de Galicia llega al entorno del albergue de Neda

Con la atención puesta en el tiempo, el Ayuntamiento de Neda ultima los preparativos para …