Os Sub23 obteñen catro metais e un récord absoluto en Burgos

A Federación Galega de Atletismo informa das catro medallas, oito finalistas e un récord galego absoluto foi o balance da actuación galega no Campionato de España Sub23 desenvolto durante esta fin de semana en Burgos.

Foto RFEA

A Federación destaca a actuación de Hugo Vázquez do Marineda que lograba tanto o subcampionato de España como o récord galego absoluto na proba dos 110 valos que o convirten, no primeiro atleta galego en baixar da barreira dos catrorce segundos. En Burgos melloraba por dúas veces o récord que el mesmo tiña desde os pasados galegos absolutos, correndo nas semis en 14.01 para estoupar na final na que remataba en nada menos que 13.76.

A Federación sinala que o círculo de lanzamentos deixábanos novamente á lanzadora do RIA Ferrol Xiana Lago en postos de podio no concurso de peso grazas aos seus 13.55 m. A atleta internacional estivo ata o último lanzamento liderando o concurso onde acababa cedendo o título por 16 centímetros.

Outro dos destacados foi o atleta do Real Club Celta Jorge Román Leiros quen continúa ca súa imparable progresión na proba dos 400 m. Novamente volvía a correr a distancia en tempos de récord galego rematando as semis en 46.80 para unha vez na final, marcar a súa segunda MMP de 46.57 o que lle valían a medalla de bronce destos campionatos.

O cuarto dos metais chegaba da proba da xavelina de mans de Paula Piñón. A lanzadora chegaba no terceiro intento ata os 44.96 m. cos cales lograba o metal de bronce que suma ao logrado o ano pasado no nacional de lanzamentos longos nesta mesma categoría.

Foron tamén moi destacadas as actuacións da ourensá Antía Castro na proba dos 5.000 m., rematando na cuarta posición con 17:29.60. Na categoría masculina  Xabier Lires do Marineda nos 400 valos con 51.38 (MMT) e Eric Méndez en martelo con 59.00 m. remataron rozando o podio.

A maiores compre salientar os postos de finalistas individuais logrados por:

5ª Alba Pérez nos 10.000 marcha con 51:42.75; 5º Hugo García nos 3.000 obstáculos con 9:01.84; Raúl Cortizo da Gimnástica en lonxitude con 7.46 m.; 6º David Vicente nos 110 valos con 14.35; 7º Nicolás Ortega do At. Sada en disco con 43.46 m.; 8º Isabel Caeiro da Gimnástica nos 3.000 osbtáculos con 11:38.44, 8º Pedro Fidaku Santos do R.C. Celta en xavelina con 54.77 m.

Lea también

El Racing saca un gran empate en Cádiz, pero sigue sin ganar

Mateo Pintado Golpe Los de Cristóbal Parralo vuelven a Ferrol con un punto más tras …