Incendio nun vehículo no quilómetro 16 da AG-11 en dirección Padrón, no Concello de Rianxo

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ao redor das 09:11 horas da mañá de hoxe, luns 15 de xullo, dun camión do que sae moito fume, co condutor fóra do vehículo.

Incendio nun vehículo na AG-11 en dirección Padrón, en Rianxo. Foto-Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Na chegada á estrada, e despois de realizar unha inspeción, apreciouse un lixeiro fume na parte baixa onde se atopa o tubo de escape e o motor. O condutor xa descargara un extintor para apagar o lume.

Despois dunha valoración inicial e asegurarse que non había máis puntos de lume, comprobouse que existe unha pequena mancha de aceite debaixo do vehículo. Verteuse absorbente para evitar a propagación.

Rematado o servizo e despois de comprobar que a situación quedou totalmente controlada, quedando no lugar para a sinalización do perigo o persoal de mantemento da AG – 11 e o condutor do vehículo ata a chegada do guindastre para a sua retirada.

Lea también

Un octogenario es encontrado muerto en su habitación tras un incendio en su vivienda de Moeche

Un octogenario ha perdido la vida en el lugar de en el lugar de Vilapedre …