Psoe Ferrol denuncia que o goberno local segue sen acometelos desbroces

Psoe Ferrol «O Goberno de Rey Varela esixía que os desbroces estivesen en maio e agora é incapaz de telos en xullo»

O Grupo Socialista de Ferrol, encabezado polo seu portavoz Ángel Mato, denuncia públicamente que «os problemas que afectaban e afectan á nosa zona rural e que tanto criticaba o Partido Popular durante o anterior goberno, continúan sen solución baixo a administración do actual alcalde José Manuel Rey Varela». «A pesar das promesas de cambio e mellora, a realidade é que a xestión do PP segue deixando moito que desexar».

«Desde a chegada do Partido Popular ao goberno municipal, os problemas que antes denunciaban con vehemencia non só persisten, senón que se agravaron. Os desbroces e a limpeza de gabias, servizosesenciais para a seguridade e benestar dos nosos veciños rurais, seguen sen realizarse coa periodicidade necesaria».

«Os veciños das parroquias rurais son os que están sufrindo as consecuencias desta deixadez». O alcalde José Manuel Rey Varela e o seu equipo demostraron unha preocupante falta de capacidade para xestionar os servizos básicos. A tan prometida mellora na organización e prestación de servizos quedou en palabras baleiras. A día de hoxe, non se viu ningún avance significativo na mellora dos servizos de desbroce, limpeza viaria e mantemento de zonas verdes».

«Resulta especialmente paradóxico que o mesmo Partido Popular que en maio de anos anteriores criticaba a falta de desbroces e a ausencia de contratos para estes servizos, agora, con maioría absoluta e un equipo de 11 asesores, sexa incapaz de sacar adiante estes contratos en tempo e forma».

«En maio de 2021 e 2022, o Partido Popular denunciou con vehemencia que os desbroces non se realizaran a tempo e que os contratos estaban sen renovar, utilizando estas críticas como arma política contra a nosa administración».

O Grupo Socialista esixe ao alcalde «que deixe de lado as escusas e actúe de maneira urxente para solucionar os problemas que afectan á zona rural. Pedimos a inmediata realización dos desbroces que tiñan qe efectuarse na primavera, tal como o propio Partido Popular esixía cando estaba na oposición».

«Desde o Grupo Socialista lembramos ao goberno municipal do PP que o rural tamén existe e merece a mesma atención e coidado que a zona urbana. Non podemos permitir que os nosos veciños sigan sendo marxinados e ninguneados».

Ángel Mato, portavoz do Grupo Socialista, conclúe: “Non imos deixar de alzar a voz polos nosos veciños do rural. O goberno do PP ten que actuar xa e cumprir coas promesas que fixo. Ferrol merece un goberno que traballe para todos, non só para uns poucos.”

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …