Festival de Habaneiras e Canto oral para pechar en Fene o ciclo «Xullo, mes da Patria»

O venres 12 de xullo, ás 20 horas, comenza no parque liñal do río Cadavo (a carón do monumento Día da Patria Galega) o acto institucional que organiza o Concello de Fene no marco do ciclo Xullo, mes da Patria.

Intervirán o concelleiro de Cultura, Justo Ardá, o fenés Alexandre Marín, técnico de Cultura do Concello de Culleredo e fillo do debuxante e humorista gráfico Xaquín Marín ao que se lle encargou este ano a elaboración da Declaración Institucional polo Día da Patria Galega, e o alcalde de Fene, Juventino TrigoNo decurso do acto, haberá unha ofrenda floral e, ao remate, o Tradicoro interpretará o Himno Galego.

Unha vez rematado o acto institucional, o mesmo venres a partir das 21 horas, comenzará na praza do alcalde Ramón J. Souto González o tradicional Festival de Habaneiras e Canto Coral, no que tomarán parte as corais e rondallas do concello; Así, subirán ao escenario:

1. RONDALLA ESTRELECER ( Casiñas Brancas,  Quen puidera namorala, A rumboia).

2. CORAL POLIFÓNICA O POTE DE MANIÑOS ( Lela, Alma, corazón y vida,  La viajera).

3. CORAL POLIFÓNICA AGARIMO DE SILLOBRE (No prado, Olla como vai, Siete rosas).

4. TRADICORO (Ngomoya-amavolovolo, Si tu no estás aquí, Cantando o xote).

Lea también

Fene reafírmase no 25N: feminismo en acción contra a violencia machista

O Concello de Fene reafirma o seu compromiso coa igualdade e a loita contra a …