A Deputación financia o 80% da I Feira Estatal do Queixo Artesán e VI Feira do Queixo de Moeche

A Deputación da Coruña financia o 80% do orzamento da I Feira Estatal do Queixo Artesán e VI Feira do Queixo de Moeche. O evento gastronómico, celebrado no pasado mes de marzo, conta cunha achega de 38.400 euros por parte da institución provincial despois do convenio asinado esta mañá polo deputado de Turismo, Xosé Regueira, e a alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy.

Foto Deputación da Coruña

O importe subvencionado pola Deputación da Coruña, con carácter retroactivo, permite ao Concello de Moeche cubrir a meirande parte dos gastos da actividade. O evento, celebrado entre o 16 e o 17 de marzo, contou con preto de 40 queixerías e 16 postos agroalimentarios. Tamén ofreceu actividades paralelas máis aló das mostras.

Ademais de ser a sexta edición dunha feira que se afianza no calendario, o Concello de Moeche foi sede do primeiro encontro estatal da Red de Quesería de Campo y Artesanas QueRed, que agrupa a unhas 200 fábricas. Este acordo forma parte da liña de traballo de Turismo da Deputación de promocionar a gastronomía como “destino turístico en sí mesmo”, tal e como destacou Xosé Regueira, “poñendo en valor os nosos produtos e o traballo de toda a cadea agroalimentaria da provincia”.

Foto Deputación da Coruña

“O turismo é unha das grandes actividades económicas da nosa provincia, pero debe ser sustentable e diverso. Por iso, entendemos que a aposta por un turismo gastronómico que ofreza produto de calidade como reclamo é imprescindible por parte da Deputación. E un exemplo diso é esta Feira do Queixo de Moeche”, engadiu o vicepresidente.

Lea también

Neda mantendrá abierto todo el año la solicitud de sus ayudas de natalidad

El Ayuntamiento de Neda recuerda que mantiene abierto durante todo el 2024 el programa de …