Ares comeza o seu Ciclo de Cine de Verán

Ares regresa esta mesma semana a unha das principais programacións culturais que realiza o Concello para levar os filmes ao espazo público. O Ciclo de Cine de Verán chegará este xoves 11 de xullo, ao municipio, á noite (22:30 horas) coa proxección de ‘Salta!’ nas Escolas do Lago, unha cita perfecta para que as familias poidan gozar do eido cinematográfico totalmente de balde e ao aire libre.

Nesta primeira sesión, que se materializa grazas á Rede Cultural da Deputación da Coruña, a veciñanza poderá desfrutar dunha comedia familiar dirixida por Olga Osorio e coas actuacións de Tamar Novas, Marta Nieto ou Mario Santos.

‘Salta’ achegará boas doses de risas seguindo a historia de dous irmáns, Óscar e Teo, que deben afrontar a desaparición da súa nai, unha prometedora científica obsesionada cos buratos de gusano, incluíndo viaxes no tempo na súa particular procura.

Integramente gravada na contorna da Coruña, o filme aborda a relación entre irmáns, pero tamén as dificultades que hai para facerse entender e comunicarnos coas persoas que aprezamos. Todo isto aproveitando os misterios que hai no espazo exterior a través desta conmovedora aventura.

Próximas datas do ciclo de cine de verán 

Aproveitando o inicio deste cine de verán, dende a concellaría de Cultura tamén lembran que as proxeccións continuarán xa en agosto. Haberá dúas sesións máis que se promoverán o 8 de agosto, protagonizada polo filme ‘Lightyear’, e o 28 de agosto con ‘A todo tren 2’, citas ideais para que pequenos e maiores gocen da cultura e das xornadas longas que nos deixa o período estival.

Lea también

El Aula UNED de Ferrol acoge una conferencia sobre el impacto del Nilo en el Antiguo Egipto

El Aula UNED de Ferrol (situada en la calle María, 52-54) se convertirá este viernes, …