Amalia Díaz, protagonista en Cerdido da mostra ‘Unha obra, unha mirada”

A concelleira de cultura de Cerdido, Amalia Díaz é a protagonista da A mostra, «Unha obra, unha mirada» que se poderá ver na Casa do Concello ata que remate o mes, en horario de 8 a 14:30 horas, son cadros realizados en óleo, acrílico e lenzo.

Amalia é unha artista multidisciplinar, pois realiza pintura e poesía, comezou a ter afección pola arte cando de pequena facía tarxetas de nadal con lápices de cores e acuarelas, acompañadas de poemas. Co paso do tempo o seu interese derivou en experimentar con outras técnicas.

Díaz comezou a publicar nas súas redes sociais as distintas creatividades e a partir de aí pasou a presentar os seus cadros e poemas a diferentes concursos e revistas de poesía, participou en exposicións individuais e colectivas, ademais de formar parte de festivais poéticos.

A artista e concelleira achega, deste xeito, o seu grao de area á dinamización cultural no municipio, expoñendo as súas obras para que tanto a veciñanza como os visitantes poidan ver as pezas que forman parte da súa colección.

Hai que lembrar que con este ciclo de exposicións, o Concello o que pretende é poñer en valor a arte local, á vez que dinamiza o ámbito cultural no municipio ao longo de todo o ano.

Segundo indica a concelleira de Cultura, Amalia Rodríguez, “é un auténtico pracer facer a miña pequena aportación á programación cultural do noso municipio, a través da participación nas exposicións de carácter mensual de ‘Unha obra unha mirada’.

A concelleira quixo darlle as grazas “a todos e cada un dos artistas que pasaron durante estes meses por este programa, que enriquecen a dinamización cultural do noso municipio e achegan a unha vila rural como a nosa a arte, sen ter a necesidade de ir ás cidades para poder ter este tipo de actividades”.

Lea también

Se inaugura la exposición “Das Crebas”, de Xosé Luis López en el Ateneo Ferrolano

El Ateneo Ferrolano presenta la nueva exposición del artista gallego Xosé Luis López (Das Crebas), …