Psoe Ferrol solicita a rehabilitación urxente da galería grande da Graña

O concelleiro socialista Julián Reina reclama ao goberno de Rey Varela que «rehabilite urxentemente a galería grande do local da entidade veciñal de A Graña».

Como destacou Reina, «el mesmo solicitou información na pasada comisión de Urbanismo acerca do contrato de execución do proxecto de rehabilitación e restauración da galería do local, de titularidade municipal, ubicado na rúa Real Alta número 24, no que realiza as súas actividades a Asociación de Veciños Rosalia de Castro de A Graña».

«Na citada comisión, informouse de que o procedemento para a contratación da obrasería declarado deserto, xa que ningunha empresa presentara oferta para a execución destes traballos, aínda que os precios que figuraban no proxecto foran revisados».

Como lembrou o edil, «este proxecto foi elaborado e dotado economicamente no mandato anterior, que ante o estado de deterioro do inmoble e tendo en conta que non era posible unha reparación do mesmo porque unha parte da galería está nunha situación irrecuperable polos efectos da acción do sol e da humidade que estropearon a maior parte das pezas de madeira da galería, tomouse a decisión de realizar unha actuación máis completa».

«Así, a intervención contemplaba restaurar a galería, garantir a súa estabilidade estructural, mellorar as súas condicions actuais de habitabilidade, e recuperar na medida do posible o aspecto orixinal dunha parte importante do inmoble protexido, actuando para tal fin, na súa estructura, carpintería exterior e vidriera, nos seus solados, falsos teitos, instalacións, illamentos, acabados e na cuberta».

«Ante esta situación, e dado o importante estado de deterioro no que se atopa a galería», Reina solicitou ao goberno do PP que «actualice os prezos de novo e se proceda á licitación da obra á maior brevidade posible para lograr rematar unha rehabilitación que xa tiña que estar lista e que, ademais, pon en risco un inmoble».

Lea también

Psoe Ferrol urxe a reparación e mantenemento dos espazos culturais

A concelleira socialista Montserrat Dopico insta ao goberno de Rey Varela «a acometer as obras …