O BNG de Ferrol solicita correxir a sinalética das Pequeparadas

Fot archivo- Pequeparada en el Colegio Mercedarias | Concello de Ferrol

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol volveu a esixir que o goberno local «corrixa os paneis e sinais que ten colocado nas entradas dos colexios da cidade para sinalizar as Pequeparadas por estar rotuladas integramente en Español».

María do Mar López, concelleira do BNG, lembra «o BNG ten solicitado varias veces nestes últimos meses nas comisións de educacíón e normalización lingüística, así como tamén no Consello da língua, que se modifiquen estes sinais xa que non hai ningunha en lingua galega segundo se indica na ordenanza de normalización lingüística do concello de Ferrol».

«Nesta Ordenanza no capítulo noveno, artigo XX dise explícitamente que: os rótulos, sináletica da rede viaria dependente do concello de Ferrol, instaladas polas súas empresas concesionarias e/ou adxudicatarias, serán redactadas en lingua galega».

«É por isto que desde o BNG así que volvemos a chamar a atención deste feito para que se cumpra a normativa de normalización neste concello xa que parece que a este goberno tanto lle ten cumprila ou non porque non fan ningún esforzo por ir correxindo os seus erros, neste caso con sinais situados nas entradas dos centros escolares».

«Hai que lembrar que as pequeparadas son zonas próximas aos centros escolares para que as familias poidan deixar aos escolares, delimitadas por unha sinalética vial amarela e a maiores teñen unha sinalética vertical que informa dese tipo de estacionamento, do horario co tempo de duración permitido para facer esa parada«.

Lea también

Psoe Ferrol urxe a reparación e mantenemento dos espazos culturais

A concelleira socialista Montserrat Dopico insta ao goberno de Rey Varela «a acometer as obras …

Un comentario

  1. A este Bloque, todo lo español les apesta, empezando por la Plaza de España, que no les bastó con DESTROZARLA, sino que aún tienen la cara de decir que hay que cambiarle el nombre porque es franquista por llamarse España. Ridículos sectarios.