Narón acolle unha reunión cos organizadores da XXXVIII Memorial Adolfo Ros

O concelleiro de Deportes de Narón, Ibán Santalla, presidiu este martes 2 no Concello unha reunión de organización da “XXXVIII Carreira Popular-Volta á ría Memorial Adolfo Ros”, á que asistiron representantes políticos e técnicos do consistorio naronés e tamén dos de Ferrol, Neda e Fene, coorganizadores deste evento.

Santalla informou que a convocatoria se celebrará o vindeiro 1 de decembro o trazado discurrirá, como en anos anteriores, polos catro municipios.

O concelleiro naronés indicou que no transcurso da xuntanza celebrada se abordaron diferentes cuestións vecelladas con esta media maratón, que se presentará oficialmente antes de que se abra o prazo de inscrición para poder participar na mesma.

Lea también

La AECC instala en el CC Odeón de Narón un punto de inscripción para la XIII edición de ‘Ferrol en marcha contra o cancro’ 

La Plaza Redonda del Centro Comercial Odeón acoge este lunes y mañana un punto de …