O cedeireses do “Discalzos Racing Team” acadan o terceiro premio de Rendemento no “Hiperbaric Challenge”

O equipo “Discalzos Racing Team” regresou co terceiro premio da categoría de Mellor Rendemento da XI edición do reto “Hiperbaric Challenge” que se desenvolveu a pasada fin de semana en Burgos.

Vinte equipos de toda España chegaron á fase final deste desafío educativo despois dun curso enteiro traballando no proxecto de deseñar e construír un vehículo de inercia, incluíndo a procura de financiación e patrocinios e tamén a súa condución en carreira. 

Un dos patrocinios máis importantes que conseguiron foi o do Concello de Cedeira, que financiou o desprazamento en autobús do equipo, porén hai que sumar unha longa relación de particulares, pequenos establecementos e empresas de diferentes sectores de Cedeira e a súa contorna que quixeron tamén impulsar o proxecto aportando fondos o materiais.  Sheila Quiza Villadóniga, a coordinadora da parte económica do proxecto, comentou que “traballamos moito” ao longo do curso e confirmou que viñeron contentos, sobre todo tendo en conta que foi a súa estrea neste reto, e con gana de volver.

Os rapaces e rapazas do IES Punta Candieira que participaron están contentos e pensando xa nun novo proxecto para a vindeira edición.

A Burgos desplazouse un equipo formado por 15 alumnos e alumnas do IES Punta Candieira e dous profesores. A primeira parte do reto consistiu en presentar o seu proxecto diante de todos os participantes e do xurado. Destacaron nesta sesión o feito de ser estudantes dos ciclos de Mantemento e Mecatrónica quen deseñaron e construíron o coche, dado que no instituto de Cedeira non se imparte ningún título da familia de Automoción.

Tras a presentación viron as carreiras nun circuíto pendente abaixo e con moitas curvas desde o castelo de Burgos ata a céntrica praza Alonso Martínez. Pablo Aneiros Martín e Carla Fernández Rodríguez puxéronse ao volante do bólido nesta última fase dunha aventura que puxo a proba os coñecementos técnicos, a creatividade, o pensamento alternativo, a motivación e a capacidade de traballo en equipo de todos e todas as componentes do “Discalzos Racing Team”.

Lea también

El 50 aniversario del fútbol sala en Ferrol se celebra con una muestra de 500 fotografías

Estará abierta al público de 23 de diciembre a 24 de enero en la sala …