O Mago Antón representa en Narón o espectáculo “A volta a Galicia en 313 concellos”

O Padroado da Cultura de Narón, a través da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña organizou unha nova función do espectáculo de maxia do Mago Antón “A volta a Galicia en 313 concellos” no parque do río Freixeiro o sábado día 29.

As prazas por cada unha das quendas son limitadas, 30 espectadores como máximo cada pase, a capacidade do espazo, e cubriranse pola orde de chegada das persoas interesadas en presenciar o espectáculo.

As funcións programadas serán ás 12.00 e 13.00 horas e tamén en horario de tarde, ás 17.00, 18.00 e 19.00 horas no interior do particular vehículo a través do que o Mago Antón representa o seu espectáculo por diferentes concellos.

 

Lea también

El Festival Internacional de Entes Animados se despide de Neda con el espectáculo “Alex Barti show”

El VIII Festival Internacional Entes Animados vuelve en su última semana a Neda.  La Casa …