As Somozas, As Pontes, Cabanas e Narón reciben axudas para mellorar seus parques empresariais

A Xunta concede axudas por valor de preto de 274.000 euros aos Concellos das Pontes, As Somozas, Cabanas e Narón para a habilitación e mellora de infraestruturas nos seus parques empresariais.

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, informou das mesmas no marco dunha visita efectuada ao polígono industrial das Somozas para comprobar o resultado dos traballos de pavimentación na vía principal executados no marco da convocatoria de 2023.

Na presente convocatoria, As Somozas percibiu 120.000 euros para continuar cos traballos de reforzo do firme na vía principal de acceso ao polígono empresarial, mentres que As Pontes resultou beneficiario dunha achega de 40.600 euros para a mellora de infraestruturas viarias interiores ao polígono industrial de Penapurreira.

Narón acondicionará as beirarrúas e o aparcamento na avenida do Mar, no polígono da Gándara, cunha achega de preto de 70.000 euros e Cabanas mellorará as infraestruturas viarias interiores ao polígono de Vilar do Colo (43.366 euros).

A delegada territorial puxo en valor esta liña de axudas dotada de 3,5 M€ de investimento e que permite mellorar os servizos e o acondicionamento das infraestruturas existentes ou de nova construción nos polígonos industriais galegos.

A finalidade é que as empresas radicadas neles poidan dispoñer de condicións máis competitivas para desenvolver a súa actividade económica, ao tempo que contribúe a fixar novos proxectos. “É un exemplo máis da política do Goberno galego a prol da busca constante de mellorar a oferta de solo empresarial para favorecer a actividade industrial, a captación de novos investimentos e a creación de emprego”, apuntou Aneiros.

Entre as actuacións subvencionables inclúese a implantación de melloras na iluminación pública nos colectores que verten ás EDAR municipais; na xestión de residuos dentro do parque empresarial; nas infraestruturas viarias, tanto de acceso como interiores ao recinto; a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia; as instalacións comúns de equipos e sistemas de protección destinados á loita contraincendios ou contra roubos de cable, e os servizos centralizados de subministración de gas e/ou hidróxeno.

A intensidade das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, é dun 80% do importe total considerado como subvencionable e cun máximo de 120.000 euros. Os proxectos que se subvencionarán ao abeiro desta convocatoria deberán desenvolverse ao longo do ano 2024.

Lea también

Ortigueira refuerza el Servizo de Axuda no Fogar con un coche para el desplazamiento de los trabajadores

El Concello de Ortigueira, en su apuesta por el refuerzo de los servicios sociales, acaba …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *