Aberta a inscripción no programa de conciliación «OcioVerán» de Fene e Neda

O Concello de Fene mantén un convenio para a xestión compartida cos concellos de Mugardos e Neda do proxecto de prevención de condutas adictivas no eido local para o cofinanciamento de proxectos de esta índole promovidos por concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Este convenio desenvolvese a través da Área de Benestar e Igualdade en colaboración coa consellería de Sanidade, no que se enmarca, entre outros, o programa de prevención de condutas de risco: “Reforzo educativo + ocio” que se desenvolveu ao longo do curso escolar e como complemento rematase con esta actividade durante os días 25 e 27 de xuño en horario de 10:00 a 14:00 horas, en Fene..e o 26 e 28 en Neda.

Esta acción lúdica- educativa está orientada á rapazada, con idades comprendidas entre os 9 e os 16 anos.

Ofértanse dous grupos, un en Fene e outro en Neda. As prazas están limitadas a 8 como mínimo e 20 máximo por grupo. Lugar: CPI A Xunqueira. O período de inscrición está aberto ata o lúns 24 de xuño ou ata que se cubran as prazas por orde de inscrición.

As solicitudes se realizarán enviando o formulario de inscrición cuberto ao concello de Fene a través do enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal

Neste espazo dinámico, participativo é no que se busca a interacción e a conciliación mediante actividades a abordar, entre outras: xogos recreativos ao aire libre, campionato de globos de auga, obradoiros creativos: de orientación espacial (procura do tesouro con mapa e brúxula) de disfraces e festa da escuma, coñecemento da natureza, mediante unha ruta/ Xincana, fotografía de espazos naturais, obradoiros deportivos e moito mais.

Todo isto abordarase tendo en conta as emocións e as necesidades que nos espertan, valorando o noso benestar a través do uso saudable do ocio.

Para calquera información dirixirse a: centro municipal de servicios sociais- area de benestar social e igualdade. Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo – San Valentín Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607 Web: http://www.fene.gal

Formulario de inscripción OcioVerán

Lea también

Mugardos junto con la asociación ‘Patio Verde’ buscan soluciones urbanísticas para el CEIP Unión Mugardesa

El alcalde de Mugardos mantuvo una reunión de trabajo con representantes de la Asociación Patio …