Ivan Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, censurou «a política económica do alcalde da cidade que non tendo transcorrido un mes desde a entrada en vigor do orzamento municipal pretende aprobar unha modificación de crédito de máis de un millón e medio de euros para pagar, fundamentalmente, os sobrecustes das modificacións das obras que executou o PP desde a súa chegada ao goberno da cidade e o incremento do custe nas festas».
«Para sufragar estes sobrecustes o alcalde decidiu suprimir obras contempladas nos orzamentos recentemente aprobados como a reforma da praza de Rosalía, a dotación dun ascensor no aparcamento do Cantón, o arranxo das cubertas de FIMO e o arranxo de diferentes camiños da zona rural entre outras».
«Para xustificar a supresión destas obras o PP argumenta que os cartos non son suficientes para acometer estes traballos unha escusa absurda» tal e como argumenta Ivan Rivas xa que «de ser así a decisión a adoptar debería ser xustamente a contraria, desenvolver unha modificación de crédito para incrementar os orzamentos que posibiliten acometer esos traballos».
Para Iván Rivas «esta forma de actuar do alcalde de Ferrol supón enganar aos veciños e da cidade a quen hai escasamente unhas semanas se lles asegurou o desenvolvemento dunhas obras que hoxe desaparecen, e evidencia unha pésima xestión de quen onte mesmo se gababa de ser quen de organizar en tempo e forma unhas festas de verán que hoxe se demostra que carecían de fondos para a súa execución poñendo de relevo a falla de planificación económica do goberno de Rey Varela».
Por otra parte fuentes bien informadas señalan que en lo referente a las cubiertas del pabellón de A Malata «lo que ha derogado el actual gobierno local es una partida de obra que tenía que estar ejecutada hace ya tres años « y que «ahora ese proyecto ya está recogido en la Ciudad del Deporte que el concello ha firmado con la Xunta» y que en lo referente al ascensor del aparcamiento del Cantón que» la edil de urbanismo informó recientemente a la Asociación de Vecinos A Magdalena que se mantenian conversaciones con el concesionario para llegar a un acuerdo».