A Biblioteca municipal de Narón prepara o obradoiro “As lendas de San Xoán”

A Biblioteca municipal de Narón abrirá este martes 11 o prazo para inscribirse no obradoiro “As lendas de San Xoán”, dirixido a menores a partir de 4 anos.

A edil responsable da área, Olga Ameneiro, explicou que a actividade se levará a cabo este sábado, día 15, na propia Biblioteca ás 11:00 horas.

Neste obradoiro infantil daranse a coñecer o nome das sete herbas máxicas e as súas propiedades e tamén algunha das lendas asociadas ao día de San Xoán.

Os nenos realizarán tamén unha luminaria de cartulina que saltarán, como marca a tradición, recitando algunhas frases populares asociadas a esta data. As reservas de praza poden facerse dende este martes ás 16:00 horas na Biblioteca, de xeito presencial, ou chamando ao número de teléfono 981 382 173.

Os nenos deben ter o carné da rede de Bibliotecas sen sancións pendentes para poder anotarse

Lea también

El gimnasio Benygym de Narón brilla en el Open Nacional ISKA de Bilbao de Kickboxing

El gimnasio Benygym de Narón volvió a demostrar el excelente nivel de sus competidores tras …