Valdoviño acolle a presentación do libro “A noite das cebolas”

A Biblioteca Municipal de Valdoviño quedouse pequena o pasado venres na presentación de “A noite das cebolas”, a última novela da escritora local Rosa Aneiros.

Preto dun centenar de persoas acudiron ao encontro coa autora, que participaba previamente no Foro Galego Literario conducido polo investigador e escritor Antón Cortizas. A acollida emocionaba a Rosa Aneiros, que xogaba na casa, neste caso a favor, desmontando o mito de que ninguén é profeta na súa terra.

Tras a benvida da concelleira de Cultura, Rosana García, e da presentación de Cortizas, o cantautor Óscar Fojo inauguraba o acto cunha fermosa canción de berce con letra do autor e impulsor do foro. Outra compañeira das letras, a poeta Ana Varela, iniciaba entón unha conversa pausada con Rosa Aneiros, fórmula elixida para presentar a súa obra.

Unha novela, por riba de todo, honesta, tal e como a definía a súa autora que, sen querer dar demasiados detalles ao lector, si avanzaba o seu punto de partida, o inicio dunha viaxe por parte da súa protagonista, enferma dun cancro terminal. E aínda así, unha novela optimista e positiva.

O universo Rosa Aneiros continúa deste xeito estendéndose con “A noite das cebolas”, e a súa terra volve facerse presente nas súas páxinas, tal e como subliñaba o venres, ante a súa xente, a de Valdoviño, a da casa.

Lea también

Se inaugura la exposición “Das Crebas”, de Xosé Luis López en el Ateneo Ferrolano

El Ateneo Ferrolano presenta la nueva exposición del artista gallego Xosé Luis López (Das Crebas), …