Helena Peñas e Esteban Díaz vencen na IX Carreira popular Concello de San Sadurniño

Foto César Galdo

Excepcional xornada deportiva a vivida no domingo á beira do Xuvia co gallo da IX Carreira popular Concello de San Sadurniño.

Temperatura inmellorable, ceo toldado pero sen chuvia, un entorno espectacular e un trazado que repetiu o exitoso percorrido do ano pasado foron os ingredientes do éxito dunha proba na que se inscribiron 435 deportistas de todas as idades, desde Peques até Másters de máis de 50 anos.

Foto César Galdo

Na carreira absoluta, a que xuntou máis participantes, venceron os Másters 2 Helena Peña (Opa Ferrol Team Running)  e Esteban Díaz, do Atletismo Narón.

A IX Carreira popular de San Sadurniño foi todo un éxito organizativo, gracias á colaboración do persoal da Federación Galega de Atletismo, do club ciclista Biela e Chaveta e do apoio loxístico de Emesports, en cuxa web poden consultarse xa as clasificacións de todas as categorías. Ademais, ao éxito tamén contribuíu o labor do comentarista deste ano, o xornalista deportivo da TVG Terio Carrera, quen animou a mañá e recolleu impresións dos participantes.

Foto César Galdo
Foto César Galdo

Esta edición reeditou o trazado de 4,9 quilómetros estreado o ano pasado que, malia ser unha distancia asequible con algo de adestramento, supuxo un auténtico inferno para quen non prestase atención á sucesión de desniveis. De feito, o grupo compacto que saíu da Cortiña e que avanzou máis ou menos xunto pola Bidueda non tardou en ir estirándose a medida que se subía cara a Cornide.

A primeira costa marcou a diferencia máis avultada entre as deportistas e os deportistas con costume de correr populares, medias maratóns e maratóns, e quen está iniciándose neste tipo de probas. Porén, quizais fose a recta da AC-862 a que máis “tirou”. Quen pasaron con ben Cornide atopáronse cun segmento inferior ao quilómetro que comezaba cun leve descenso para logo ir en chan e rematar nunha subida máis dura do que parecía, algo que comentaron tanto corredoras expertas como menos afeitos a racionar esforzos.

Foto César Galdo
Foto César Galdo

A proba absoluta da pedestre sadurniñense botou a andar ás 11:30h e completouse en 39 minutos, axustándose ás previsións da organización que este ano axustaron aínda máis os horarios para que a entrega de premios puidese comezar sobre as 13:00h.

Ao podio subiron como vencedora e vencedor Helena Peñas e Esteban Díaz, con tempos de 19:25 e 15:57 respectivamente. Peñas presidiu o podio da Cortiña por primeira vez, igual que Díaz, quen pode gavarse de terlle arrebatado a coroa da popular a Jonathan Fernández -segundo clasificado-, ganador nas anteriores edicións.

As persoas mellor clasificadas de San Sadurniño na absoluta foron Clara Gabeiras (M2, cun tempo de 25:05) e David Tembrás, tamén Máster 2, cun crono de 18:52.

Antes da carreira de 4,9 quilómetros desputáronse as mangas Sub 16 e Sub 14 mentres que, tralo seu remate, o arboreto da Cortiña acolleu as probas para a rapazada, desde Sub 12 ata Peques. Os resultados de todas as categorías -agás a das nenas e nenos máis pequenos, que non eran competitivas- poden descargarse tamén nas seguintes ligazóns, xa que en Emesports poderían deixar de estar dispoñibles dentro dunhas semanas.

Enlaces para consultar os resultados das seguintes categorías

Absoluta
Absoluta por categorías
Sub 16 feminina e masculina
Sub 14 feminina e masculina
Sub 12 feminina
Sub 12 masculina
Sub 10 feminina
Sub 10 masculina

Lea también

El BNG de Mugardos insiste en la creación de un gobierno de izquierdas y llama al PSOE a unirse al mismo

El Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Mugardos acaba de hacer pública la última propuesta que …