A Oficina de Turismo de Narón abre as súas portas ao público ata o 5 de outubro

A oficina de Turismo de Narón, ubicada no parque de Freixeiro, nas inmediacións da glorieta de Freixeiro, permanecerá aberta dende este xoves ata o día 5 de outubro.

O Concello solicitou unha subvención á Deputación da Coruña, que lle concedeu, e con cargo á que se sufragarán os gastos de contratación de dúas persoas diplomadas en Empresas e Actividades Turísticas. A subvención concedida é para o tempo no que permanecerá operativa a oficina, segundo informou a concelleira de Turismo Natalia Hermida.

As instalacións permanecerán pechadas os luns e os domingos pola tarde, no resto das xornadas o horario de apertura será de martes a venres entre as 10.00 e as 13.00 e de 16.00 a 20:00 horas; os sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 e os domingos de 10.00 a 14.00 horas, tal e como indicou Hermida.

A edil naronesa explicou que “na oficina poderase solicitar información sobre a oferta turística da cidade e tamén sobre as actividades que se desenvolverán durante eses catro meses no termo municipal. A maiores, tamén se ofrecerá información do Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas”, asegurou a edil.

As persoas que o desexen tamén poderán poñerse en contacto co persoal da Oficina de Turismo, no horario de apertura das instalacións, chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 2301).

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …