Fene acolle unha nova edición da Fashion Night

Diversos establecementos feneses súmanse este sábado 8 de xuño, a unha nova edición da Fashion Night. Un evento no que ofrecerán importantes descontos e o sorteo dunha viaxe entre as persoas que se acheguen a mercar, en horario especial de apertura de 10 a 14h, e de 18 a 23h.

A partir das 19.30h realizaranse catro desfiles de moda diante de diferentes locais da avenida Marqués de Figueroa (19.30 horas Moda Jomer; 19.45h Dama; 20 horas Mi Pachú e 20.15 horas Bualá).

Tamén haberá tempo para os concertos con Los Alcántara (ás 19 horas na Avenida Marqués de Figueroa), La Indirigible (ás 20.30 horas na Avenida Tarrío) e Superglú (ás 22 horas  na Avenida Naturais), o pase das Treboeiras de Canido e diversas exhibicións de baile a cargo das academias May Dance e Fusion Dance.

O evento está organizado pola Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos ‘O Cruceiro’, coa colaboración da área de promoción económica e turismo do Concello de Fene.

Lea también

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca el concurso de diseño del cartel de 2026

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia la apertura del concurso de carteles …